Cambiar a Idioma CASTELLANO Idioma galego
 
 
 
 
 
 
 

Buscar: Buscar en carballino.org
        InicioActualidadeA parroquia de Señorín finalizou o ta...

ImprimirCrear documento pdf
A parroquia de Señorín finalizou o taller de memoria organizado pola concellaría de Benestar Social
29 de Mar de 2012
Clic para ampliar
As mulleres da parroquia de Señorín finalizaron este mércores o taller de memoria que organizou a concellaría de Benestar Social e ao que asistiron unha trintena de veciñas. A edil Purificación Alberte asistiu a esta clausura, e atendeu ás peticións das alumnas que eran unánimes: todas queren que se organicen máis talleres deste tipo e, sobre todo, que se sigan organizando nas distintas parroquias para non ter que ir á vila para todo.

As alumnas estaban encantadas co taller e suxeriron á edil carballiñesa outro tipo de actividades como talleres de pintura ou manualidades, así mesmo apuntaban que o tempo que estaban no centro social asistindo ao taller era xa como unha terapia para saír da rutina diaria.

Alberte tomou nota de todas as suxestións asegurando que se están organizando xa máis actividades para o rural carballiñés.
Comparte esta páxina:
Ir a inicio Enviar e-mail a concello@carballino.org  contáctanos    accesiblidade    mapa web   acerca do deseño   planE   informe de privacidade  carballino.org @ 2013