Cambiar a Idioma CASTELLANO Idioma galego
 
 
 
 
 
 
 

Buscar: Buscar en carballino.org
        InicioTurismoTermalismo

ImprimirCrear documento pdf
Termalismo

  
AUGAS SUBTERRANEAS

Dan boa conta do relevo das augas subterráneas na comarca a media ducia de zonas de importancia termal. Ás predominantes do Carballiño e Caldas de Partovia únense as de Brués, Moldes e Pontarriza, no concello de Boborás ; as da Rañoa, en Maside , e as de Punxín.


Tanto desde o punto de vista medicinal como pola importancia das instalacións, afluencia de público, tradición e ata de interese histórico, merece a pena deterse nos xacementos do municipio carballiñés.



GRAN BALNEARIO DO CARBALLIÑO

Se a vila naceu e creceu á sombra da feira, o turismo fíxoo ao acubillo das súas augas termais. O Gran Balneario utiliza o máis importante dos tres mananciais de augas mineiro-medicinais con que conta O Carballiño. Está situado na marxe esquerda do río Arenteiro, próximo ao Parque Municipal, pero tamén ao centro da vila. Posúe unha magnífica arboleda con carballos centenarios e haxas, que o converten en lugar ideal para descansar.


No centro do recinto atópase o pavillón de agüistas que alberga o manancial de auga medicinal. Brota a unha temperatura de 26º e está especialmente indicada para as afeccións hepáticas, intestinais e otorrinolaringolóxicas.


Ao seu lado atópase a casa de baños, obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulias Martínez, inaugurada no ano 1900, un edificio singular de planta longitudinal de 50 metros, con dous pavillóns de fiestras semicirculares e galería acristalada no seu parte posterior, que dá ao río; sobresae no centro o corpo de entrada con lanterna acristalada no cruceiro e torre almenada por detrás; esta ten tres pisos, con fiestras semicirculares os dous inferiores e adinteladas o superior. O edificio alberga as principais instalacións do Balneario, renovadas e ampliadas recentemente, con dotación de servizos para baños, duchas, inhalacións e hidromasaxe. Conta con consultorio médico para prescrición facultativa das doenzas e terapia termal.


O Balneario foi de propiedade municipal ata 1933, adquiríndoo a familia Quiroga, á que pertence desde entón.



BALNEARIO CALDAS DE PARTOVIA
O Balneario das Caldas de Partovia comeza a ser coñecido en 1810, tras incluírse no Dicionario Nomenclator de Villaroel e, posteriormente, por Sebastián de Miñano en 1826.


O seu coñecemento e uso, con todo, poden remontarse á época romana, segundo apreciación de diversos investigadores. A iso contribúe, sen dúbida, o nome do lugar: As Caldas de Partovia; mentres para uns Partovia significa etimológicamente 'o porto da vida' -Portus Vitae- (Ferro Couselo, Fariña Jamardo), para outros é o 'lugar de onde parte unha vía' (Xosé Luís Sobrado), confirmando así a existencia dunha calzada romana con orixe en Partovia. Desde a Idade Media pertenceu aos monxes do mosteiro de Oseira, que o obtiveron no ano 1162 tras permutarlo por uns terreos que posuían en Touro (Zamora). En 1836 incautouno o Goberno, facéndose cargo dos baños o Concello, que mellorou as instalacións investindo nelas parte dos ingresos. Desde a desamortización é propiedade privada.


Ten tres mananciais que brotan a diferente temperatura (340, 310 e 21,10). As súas augas foron declaradas de utilidade pública en 1929 e son sulfuradas sódicas e de escasa mineralización. Están indicadas principalmente para procesos reumáticos e tamén para afeccións respiratorias e otorrinolaringológicas.


O edificio que alberga as instalacións, con duchas, baños e fonte, está considerado como o máis antigo de Galicia.



BAÑIÑO DE ARCOS
Posúe O Carballiño outro xacemento de augas mineiro-medicinais. É o coñecido como O Bañiño de Arcos, parroquia carballiñesa soada por ser o berce das pulpeiras -pulperas-. Está situado a beiras do río Arenteiro e ten fonte e estanque. As súas augas brotan a unha temperatura de 17,10 e están indicadas para afeccións dermatológicas e hepáticas. O segundo manancial está situado no Parque Municipal, tamén a beiras do río Arenteiro, ten fonte moi rústica e de escaso caudal.


 

Seleccione a sección á que desexe acceder dentro de Termalismo:
 
Mananciais de Augas Termais do Carballiño
Mananciais
Titular
Temperatura
Características
Indicacións
Servizos 
Gran Balneario  Privada  26º Sulfuradas sódicas, bicarbonatadas, sulfatadas litínicas, fluoradas, lixeiramente alcalinas e pouco radioactivas. Aparello dixestivo, afeccións hepáticas, aparello respiratorio e procesos reumáticos. Fonte, baños, duchas, inhalacións, piscina de hidromasaxe e masaxe.
Caldas de Partovia  Privada


 
 

Comparte esta páxina:
Ir a inicio Enviar e-mail a concello@carballino.org  contáctanos    accesiblidade    mapa web   acerca do deseño   planE   informe de privacidade  carballino.org @ 2013